Amosando publicacións coa etiqueta Aprendemos xogando. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Aprendemos xogando. Amosar todas as publicacións

luns, 1 de xuño de 2026

APRENDEMOS MATEMÁTICAS XOGANDO

No mes de maio realizamos a nosa xornada, xa anual, de aprender matemáticas xogando. Consiste en coñecer, repasar e divertirse con xogos de mesa que temos na nosa biblioteca e que traballan diferentes conceptos matemáticos.





luns, 22 de decembro de 2025

APRENDEMOS XOGANDO

Un ano máis, levamos a cabo unha actividade con todo o alumnado do centro que pasou unha horiña pola biblioteca para coñcer novidades creativas para sacar ideas para esas cartas de nadal, e de paso, aprendemos linguas, matemáticas...xogando.



martes, 16 de decembro de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS E CREATIVAS PARA O NADAL

Neste 2025 Cipriano fixo unha selección de contos, libros e xogos para que o alumnado anotara nas súas cartas deste nadal. 




luns, 21 de abril de 2025

Cipriano Creativo

Xusto antes de rematar o segundo trimestre e antes de irnos de vacacións de Semana Santa, Cipriano amosounos algúns dos materiais que chegaron ao centro dende o proxecto Polos Creativos da Consellería de Educación. 

Tivemos a sorte de poder probar este material que a partir de agora poderemos disfrutar nas aulas e nas horas de recreo.

Nunca deixedes de crear.



martes, 17 de decembro de 2024

Aprendemos Xogando

Un ano mais, facemos a nosa tradicional edición de Aprendemos Xogando, onte todo o alumnado do cole pasa pola biblioteca para aprender xogando con xogos de mesa. Non só queremos que os coñezan senon tamén que lles entre a curiosidade e que algún deles aparezca na carta de agasallos desta tempada. Moi boas festas!!




mércores, 7 de agosto de 2024

Revista Atalaia XIII

Un ano máis, aquí podedes ver o resultado do traballo realizado por todo o alumnado e profesorado do centro en relación co proxecto de centro “Xogando con Cipriano”.

Grazas a tod@s @s que facedes posible que Cipriano siga medrando.


ENLACE 



xoves, 6 de xuño de 2024

Mes das matemáticas

O pasado mes de maio foi o mes das matemáticas, polo que aproveitamos para levar a cabo as nosas xornadas na biblioteca. 

Todo o alumnado pasou pola biblio para repasar contidos de mateméticas cos diferentes xogos de mesa que ten Cipriano, todos adaptados ás idades de cada grupo. 

É unha boa forma de repasar xogando!!



venres, 17 de maio de 2024

TORNEOS DE PATIO

Os nosos voluntarios de biblioteca organizaron uns torneos de xogos de mesa que se están a levar a cabo durante os recreos dos mércores e xoves. É un privilexio, xa que eles son capaces de organizar e controlar podo o proceso do torneo. 

Ao principio estaban nerviosos por si non se apuntaban nen@s, pero nesta imaxe podedes ver a afluencia de alumnado que se achega a ver o torneo con ganas de participar.



Aínda nos quedan moitas partidas que botar!!! Seguimos empregando o noso lema de NUNCA DEIXES DE XOGAR.

 

xoves, 1 de febreiro de 2024

DESAFÍOS COOPERATIVOS

Este curso, seguindo co noso proxecto de centro de Xogando con Cipriano, levamos a cabo unha xornada de Desafíos Cooperativos para conmemorar o Día da Non Violencia e a Paz.
Todo o alumnado do centro, misturado por niveis, realizaron unha serie de desafíos cos que ao final conseguían unhas palabras, tipo Scrabble. Tiveron que ordenalas da forma correcta para crear finalmente a palabra cooperación.



venres, 15 de decembro de 2023

Aprendemos Xogando

Un ano máis por estas datas, Cipriano organiza a actividade de Aprendemos Xogando, na que todo o alumnado do centro vai durante unha hora á biblio a coñecer, aprender e xogar con novos xogos que temos dispoñibles.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo do paso do alumnado pola biblioteca no Aprendemos Xogando.




Nunca deixedes de xogar!!

luns, 30 de outubro de 2023

RECOMENDACIÓNS DE SAMAÍN

E sin pensalo xa estamos no Samaín!!! E como non podía doutro xeito, Cipriano preparonos unhas recomendacións lectoras e creativas para pasar un bo rato neste tempo. 

Espero que vos gusten!!





luns, 15 de maio de 2023

Semana das matemáticas

A semana pasada celebramos a SEMANA DAS MATEMÁTICAS na Biblioteca Escolar, acudindo á biblio de Cipriano para realizar xogos de mesa matemáticos e así repasar contidos de dita materia. Pasámolo xenial!!



domingo, 18 de decembro de 2022

APRENDEMOS XOGANDO

Un ano mais levamos a cabo polas datas do nadal a nosa semana de APRENDEMOS XOGANDO, na que todas as aulas do cole pasan unha hora na biblioteca para coñecer e xogar aos nosos xogos educativos. Xa está en marcha e o alumnado está disfrutando e aprendendo sen darse conta. Algún deles, xa levou apuntado nun papeliño para añadir algún xogo na súa carta ao Apalpador ou aos Reis Magos. 

Aínda nos quedan un par de días, pero déixovos algunhas fotiños desta semana.







NUNCA DEIXEDES DE XOGAR!!

xoves, 16 de decembro de 2021

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Aínda que non volo creades, xa chegamos ao Nadal, e como non podía ser doutra maneira Cipriano preparou unha serie de recomendacións lectoras para que podades pedir nas vosas cartas tanto a Papá Noel como aos Reis Magos, porque xa sabedes que cos libros podemos vivir grandes aventuras. Cipriano pensou en todos vos, porque fixo recomendacións para os mais pequechiñ@s, para os median@s e @s maiores do cole, pero tamén para os papis e mamis.


Este ano temos unhas novidades, relacionadas co noso recuncho creativo, pola que propoñemos unha serie de recomendacións para xogar en familia e así aprender dun xeito moi divertido. 


CUN LIBRO E CUN XOGO NESTE NADAL, É COMO MELLOR O PASARÁS.

venres, 11 de xuño de 2021

APRENDEMOS XOGANDO

Esta semana celebramos na biblio as xornadas de APRENDEMOS XOGANDO, onde gozamos coñecendo os novos xogos da biblioteca, cos cales repasamos matemáticas, lingua, traballamos a lóxica...no seguinte vídeo podedes ver que ben o pasamos. 



Aprendemos Xogando na Biblio de Cipriano - Kizoa Movie Maker